a biblioteca do muralla

coñécenos

a nosa biblioteca

A sala de lectura dispón de 54 prazas de lectura e seis ordenadores. O fondo bibliográfico conta cuns 10.000 títulos en distintos formatos: libros (novelas, cómics, manuais…), discos (CDs) e vídeos (VHS e DVD).

A biblioteca está aberta a maior parte do horario lectivo, tanto na quenda da mañá como da tarde. Pero o servizo de préstamo só funciona durante o tempo de lecer ou cando hai profesorado de garda na sala. Podedes consultar aquí o horario.

Pero a nosa biblioteca é máis que un espazo para leer e/ou estudar, tamén queremos convidarvos a escribir, crear, compartir, xogar… Só tedes que botar unha ollada aos nosos posts?! para descubrir todo un mundo de posibilidades.

normas da biblioteca

Nas NOFC (Normas de Organización e Funcionamento do Centro) aparecen recollidas as normas de acceso e uso da biblioteca escolar. Aquí vos deixamos un panel que resume as que consideramos fundamentais para o bo funcionamento da nosa biblioteca.

breve guía de uso da biblioteca

Por se non lembras ben como buscar un libro na biblioteca, aquí che deixamos unha breve guía que pode serche moi útil. Así e todo, o equipo de biblioteca e os biblioaxudantes estarán ben dispostos a botarche unha man sempre que o precises.

biblioaxudantes

Con motivo da Semana do Libro, biblioaxudantes e biblioequipo decidimos posar con algúns dos nosos libros favoritos, que mellor maneira de empezar a coñecer estes “ratos de biblioteca”?

A mascota da biblioteca do Muralla

Biblos é unha pequena criatura que habita nas bibliotecas, cando está moi feliz (lendo, por exemplo) encéndese a candea do seu rabo. Os nosos parabéns e agradecementos a Elena por imaxinar unha mascota tan xenial.

Scroll ao inicio