O espírito de Sant Jordi tamén se sentiu na nosa biblioteca. Polos Creativos deseñou e recortou con Cricut marcapáxinas con forma de rosas para colorear no lecer. Fixo algúns máis plastificados para agasallar a quen levou libros en préstamo.
Como “na variedade está o gusto”, tamén nos animamos a facer, e ensinar a facer, marcapáxinas con forma de corazón entregando a técnica do Origami.