Lembraredes que, con motivo do día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao, EDLG e Biblioteca organizamos un concurso no que vos pedíamos relatos e ilustracións inspiradas nas “Cousas” de Castelao. Esta semana, con motivo da celebración do día do libro, fixemos a entrega de premios. O noso agradecemento a tódolos participantes; a noraboa a reservamos para unhas alumnas de 2º ESO (M.B. e A.I.) polos súas obras. Tódolas achegas seguirán expostas no taboleiro da lingua algúns días máis e pronto poderedes tamén velos na revista do EDLG, “Latricadas”.