Este mes de marzo ofrecémosvos esta selección de lecturas para conmemorar o día da muller: algunhas novelas de Jane Austen en inglés, Invisible en francés, poesía de Rosalía de Castro, La rebelión de las chicas…
Mención aparte queremos facer para o último libro que lemos no club de lectura Reencontro: Pepa a Loba, de Carlos G. Reigosa. Escollémolo pola súa protagonista, porque queriamos saber máis da súa historia/lenda e quedamos abraiadas pola súa determinación e fereza.
A próxima lectura que faremos será La noche más oscura, de Ana Alcolea. Animádesvos a compartir esta novela connosco?