a biblioteca do muralla

enredos

Formación de usuarios na
Biblioteca do Muralla

Un ano máis, convidamos ao alumnado de nova incorporación (1º de ESO e 1º de FP básica) a descubrir a nosa biblioteca escolar. Nesta ocasión, despois da moi necesaria charla sobre recursos, funcionamento, normas… propuxémoslles un xogo para poñer en práctica o aprendido: unha bookquest. Debemos dar as grazas ao alumnado do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección pola súa grande axuda para que a actividade se desenvolvera con tanto éxito.

Scroll ao inicio