a biblioteca do muralla

recursoteca

Verbos en Inglés

En colaboración co Departamento de Inglés e co Departamento de Informática do noso centro, puxemos en marcha unha idea sobre un “xogo” para practicar os verbos en inglés. De momento podemos considerar que é unha versión beta, que está en probas, e só se pode utilizar en ordenador ou tablet. Ten algún fallo de posicionamento de botóns e de tamaño dalgunha imaxe, pero iremos revisando e solucionando problemas. Non é unha versión para móbil, polo que de momento non se pode usar nestes dispositivos; no futuro intentaremos facer una app só para móbil. Aquí tedes o enlace á este xogo.
Reiteramos o noso agradecemento aos departamentos antes mencionados; que conten con que seguiremos “abusando” deles para mellorar esta idea.

https://abibliotecadomuralla.com/verbos/

 

Scroll ao inicio