enredos
Museo de inventos
O alumnado de 2º ESO desenvolveu na materia de Tecnoloxía e Dixitalización un proxecto que deu lugar á creación dun Museo de Inventos que foi exposto, ao seu remate, na biblioteca do centro.
En grupos, investigaron inventos que marcaron a historia: quen os creou, que problema resolvían e como evolucionaron co paso do tempo. Recompilaron toda a información en murais dixitais (Padlet), accesibles mediante códigos QR colocados xunto ás maquetas.
Como produto final, construíron maquetas físicas con materiais reciclados do taller, fomentando a creatividade, o traballo cooperativo e a conciencia ambiental.
A exposición foi visitada por alumnado doutros cursos, que puido coñecer a historia destes inventos a través das explicacións dos propios estudantes.





