Para poder facer un bo traballo de investigación un dos primeiros pasos é saber como buscar información. Como o alumnado de 1º da ESO tiña bastantes dúbidas sobre como facelo, algúns dos biblioaxudantes exerceron de formadores en ALFIN nas súas aulas. Esperamos que a formación lles resultase proveitosa e que se animen a poñer en práctica o aprendido nos traballos que lles encarguen o profesorado.
Podedes ver a presentación sobre ALFIN dos biblioaxudantes na pestana “recursoteca”.