a biblioteca do muralla

efemérides

II Concurso de Cociña de TERROR e caixas terroríficas

Con motivo do Samaín propoñémosvos dous “arrepiantes” concursos cos que poderedes gañar un interesante premio:

  • Un concurso de cociña, para o que podedes escribir e elaborar unha receita terrorífica; as cales teríades que entregar o día 30 de outubro á primeira hora da mañá.
  • Un concurso de caixas terroríficas, para o que podedes crear unha “scary box” e unha historia de terror; as cales sería preciso entregar entre o 20 e o 28 de outubro.

Para cada concurso escolleremos 3 gañadores (sempre e cando haxa alomenos 15 participantes por concurso), os cales obterán un vale de 10 euros para unha libraría da contorna.

Nos carteis podedes ler as bases e, se tedes máis dúbidas, podedes consultar aos equipos de EDLG, Polos Creativos e/ou Biblioteca, artelladores desta proposta.

A deixar voar a vosa creatividade… e facernos tremer coas vosas creacións!!!

click para ampliar
click para ampliar
Scroll ao inicio