a biblioteca do muralla

enredos

Formación de usuarios.
Biblioteca do Muralla 2025/26

Como cada ano iniciamos o curso formando ao alumnado de nova incorporación no uso da biblioteca escolar. Comezamos cunha charla sobre o funcionamento e as normas da nosa biblioteca (as guías que empregamos están na sección de Coñécenos) e pasamos logo a xogar unha “bookquest” (podedes encontrala na sección ¿?) para practicar o aprendido. 

Agradecemos ao alumnado de 1º de ESO por amosar tanto interese e participar tan activamente. Grazas especiais a Mikel, un dos nosos biblioaxudantes máis “veteranos” por axudar na organización desta actividade.

Scroll ao inicio