a biblioteca do muralla

efemérides

Día mundial do Medio Ambiente

 

A data do 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. 

Neste 2025 o lema elixido é “Sen contaminación por plásticos”. A través deste lema preténdese facer unha chamada á acción colectiva para combatir a contaminación plástica. O programa céntrase na necesidade de erradicar os residuos plásticos, un problema ambiental xeralizado que afecta ós ecosistemas e á saúde humana en todo o mundo. Seguemos intentando poñer en valor a natureza e a súa importancia na vida do noso planeta.

Aquí vos deixamos unha selección de libros da nosa biblioteca que encaixa perfectamente nesta celebración.

Scroll ao inicio