Hoxe conmemoramos o día do libro organizando citas a cegas entre alumnado e lecturas. O equipo de biblioteca seleccionou os libros e o de polos creativos programou os equipos; o alumnado que acudiu á cita cos libros só tiña que escoitalos e decidir se querían ter unha segunda cita con eles. O lecer encheuse de amor 🥰.