Iniciamos a Semana das Letras cunha actividade de lectura compartida. CEIP Luís Pimentel e IES Muralla Romana non só compartimos unha cancela, senón tamén o noso amor pola lectura. Pero hoxe compartimos tamén espazo, pois o equipo de biblioteca e de radio do Muralla puidemos visitar ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria para contarlles algúns dos nosos contos favoritos.