efemérides
ROSALÍA, UNHA ESTRELA DE NOSO
O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro e, con motivo de se sumar a esta conmemoración, o centro programou unha iniciativa central, baixo o lema Rosalía, unha estrela de noso:
- A instalación dunha “constelación” de versos rosalianos no corredor da planta baixa do edificio e na biblioteca, en alusión á estrela que leva o nome da escritora e que forma parte da constelación Ofiúco.
Coidamos que a proposta de nomear unha estrela na constelación de Ofiúco co seu nome ,non só é un aceno simbólico , senón un recoñecemento a nosa mestra do Rexurdimento que tivo o poder de transcender fronteiras e de escribir versos que aínda resoan no noso corazón .
EDLG, Biblioteca e Departamentos de Linguas decidiron adicarlle esta pequeña homenaxe conscientes de que cada verso rosaliano forma parte dun legado que seguirá a brilar por moitas xeracións .
GRAZAS a todo o alumnado pola súa inestimable axuda e colaboración . Sen el@s este proxecto non podería ter saído á luz .