efemérides
CIENCIA CON NOME DE MULLER
MARCANDO PÁXINA, ESTAMPANDO IDEAS E CREANDO FUTURO
Este mes, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO desenvolveu actividades creativas para visibilizar o papel das mulleres na ciencia dentro da materia de Tecnoloxía e Dixitalización e de Educación Dixital.
En 1º da ESO, os estudantes deseñaron marcapáxinas nos que plasmaron os nomes e logros de mulleres científicas destacadas. Estes marcapáxinas non só fomentan a lectura, senón que tamén serven como un recordatorio da importancia da igualdade no ámbito científico.
O alumnado de 2º da ESO traballou na mesma liña, pero levando a súa creatividade un paso máis alá coa elaboración de chapas personalizadas. Cada unha delas amosa o nome e o legado dunha científica, permitindo así que a súa mensaxe se difunda dunha maneira orixinal e visible.
Pola súa banda, os estudantes de 3º da ESO, na materia de Educación Dixital, investigaron e realizaron presentacións sobre dez mulleres científicas galegas que deixaron unha pegada significativa en distintos campos do coñecemento. Para iso, utilizaron ferramentas dixitais como ChatGPT para elaborar as súas presentacións e xerar imaxes con intelixencia artificial. Esta actividade non só lles permitiu coñecer a estas científicas, senón tamén reflexionar sobre o uso da IA na educación, comprendendo tanto o seu potencial como os seus posibles erros e limitacións.
Con estas actividades, o Departamento de Tecnoloxía quixo destacar o papel fundamental das mulleres na ciencia e fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).
Convidámosvos a pasar polo taboleiro do vestíbulo para elixir algún marcapáxinas ou chapa para celebrar este día! Tamén teredes as presentacions de 3º da ESO na pantalla da entrada durante toda a semana.
