recomendacións
Premio Azorín de novela 2022
María Zaragoza
LA BIBLIOTECA DE FUEGO
Lectura imprescindible para os amantes da Literatura e da Historia.
O club de lectura Reencontro comezamos o ano cunha lectura e unha autora que nos entusiasmaron. Unha novela na que ficción e historia fúndense de maneira maxistral; que engancha e non podes deixar de ler e, ó mesmo tempo, invita a pararse e buscar máis información; cuxos personaxes podes querer e/ou odiar, pero que non te deixan indiferentes; … unha novela que vos recomendamos que leades: La biblioteca de fuego. É que dicir da autora? De María Zaragoza, tamén só temos palabras de recoñecemento e agradecemento, pois ademais de escoitarnos e responder ás nosas dúbidas, adiantounos que pronto publicará unha novela que estamos desexosas de ler.
PD: parece que ela tamén quedou encantada connosco, pois ben que nos menciona nas súas redes: https://www.instagram.com/p/DFd6q7ptcT1/?igsh=cmdpczlhaWF5b2Np