efemérides
XII Concurso "Lucus Intercentros"
Dende a nosa biblioteca queremos dar os nosos parabéns a todos os que fixeron posible a celebración do XII concurso “LUCUS INTERCENTROS”. Profesorado e alumnado de todos os IES da cidade implicáronse no desenvolvemento dun evento que cada ano suma máis expectación.
Parabéns moi especiais para o alumnado de 1º de BAC que nos representaba nesta edición. Tocáballes defender o primeiro posto acadado no concurso do ano anterior, e traizoáronos os nervios na proba final. Dende aquí un aplauso ben grande.
Nesta entrada podedes atopar algún dato sobre o concurso, as fotos dos tres primeiros clasificados e o enlace ao vídeo do evento por se queredes rememorar algún dos momentos máis importantes.