a biblioteca do muralla

lecer CICA

O tema do Lecer CICA deste mes foi o Samaín.

Comezamos cun obradoiro de esqueletos literarios feitos con pedazos de memorables libros de terror, como Frankestein e Drácula, pero tamén doutros máis “nosos” como Un ollo de vidro. Seguimos cunha sesión de cine de medo, na que desfrutamos dunha versión animada da Familia Addams. Pero o prato forte foi (e nunca mellor dito) o concurso de cociña terrorífica e a magnífica degustación de pratos que puidemos facer no lecer.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!!

Scroll ao inicio