Con motivo do día das bibliotecas, 24 de outubro, encargamos aos biblioaxudantes unha importante tarefa: escoller novas lecturas para a nosa biblioteca escolar. Como desfrutaron do encargo!
Pero tamén fixemos unha visita moi interesante. Co alumnado do Ciclo Superior de “Asistencia á dirección” visitamos o Arquivo Histórico Provincial para descrubir algúns dos tesouros que alí se gardan: documentos notariais, fotografías, mapas…