a biblioteca do muralla

efemérides

Día Internaciona do Orgullo LGTBIQ+

O 28 de xuño conmemórase o Día Internaciona do Orgullo LGTBIQ+ porque no ano 1969 tiveron lugar  nos Estados Unidos os disturbios de Stonewall, que marcan o inicio das mobilizacións e loita polos dereitos do colectivo.
Os nosos biblioaxudantes anticipáronse a esta data decorando a biblioteca con bandeiras, así como seleccionando recomendacións lectoras para os  andeis da entrada e con carteis de arcos da vella de cores na cortiza do do EDLG. Ademais, propuxeron cancións para poñer na semana do 17 de xuño en Radio Llama e escribiron un manifesto que se lerá o día 21 de xuño na gala de fin de curso. Deixámosvos cun pequeno adianto:

Desgraciadamente danse moitos casos nos que xente homosexual sofren acoso, burlas, entre moitos outros desprezos cara aos seus gustos, coma no caso dun home de 20 anos, residente de Lugo que foi condenado a 2 anos de prisión en 2022 tras insultar e ameazar de morte a unha parella pertencente ao colectivo, e como isto, moitísimos máis, e non só na rúa, senón nas vosas casas con familiares ou incluso no mesmo centro podedes chegar a recibir comentarios.
Isto NON é algo antinatural, pois existe en todas as especies, si, existen chimpancés, delfíns, nutrias… homosexuais, pero o curioso é que en ningún destes hai rexistro de que cheguen a ser homófobos. Non te sintas culpable por gustarche a unha persoa do teu mesmo xénero, e recorda “Homosexuais existen en todas as especie, homófobos nunha soa ”.

Fóra a homofobia das nosas aulas!

Scroll ao inicio