a biblioteca do muralla

efemérides

Día Mundial do Medio Ambiente

Orixe: en 1974 a ONU estableceu a data do 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. 

O obxectivo principal era que fose un día de sensibilización ambiental e conseguir motivar á poboación para ser parte activa no desenvolvemento sostible. Este 5 de xuño bríndanos a oportunidade de poñer en valor a natureza e a súa importancia na vida do noso planeta.

Día Mundial dos Océanos

Orixe: en 2008 a ONU designou o 8 de xuño como día Mundial dos Océanos.

Este día lémbranos a importancia do seu papel na vida cotiá. Son os pulmóns do noso planeta, unha fonte importante de alimentos e medicinas, e unha parte fundamental da biosfera. O propósito deste día é informar sobre o impacto humano no océano, e desenvolver movementos de apoio á xestión sostible dos nosos mares.

Nas fotos que se acompañan, presentámosvos unha selección feita polos alumnos, de exemplares da nosa biblioteca que tratan temáticas referentes á natureza, ós mares e en xeral a protección do medio ambiente.

Scroll ao inicio