a biblioteca do muralla

recomendacións

Silencio

FICHA BIBLIOGRÁFICA
1. Autor/A-Fran Alonso
2. Ilustrador-Miguel A. Vigo
3. Editorial- Xerais
4. Coleccion- Fora de xogo
5. Número de edición- 153
6. Ano de edición- 2014
7. Lugar de edición- Vigo

RESUMO
Esta historia comeza cando noso protagonista ten que emigrar de Vigo cara Madrid por causas de traballo. Cando chega consegue un piso para poder vivir cerca do seu mellor amigo Catulo. Consegue un traballo como xornalista consistente en descubrir un caso moi importante, pero o noso protagonista non ten tempo para este caso porque no seu edificio hai uns ruídos e uns movementos dos veciños moi extraños, como se se tratase dunha secta. O rapaz intenta descubrir de onde ven e que es ese ruído en quen son realmente a familia veciña, ao final descobre un secredo moi perturbador.

PERSONAXES
Protagonista- é un rapaz moi “cotilla” pero intelixente. Eu creo que é moi bo personaxe porque parece moi boa persoa.
María- é unha amiga do noso protagonista, moi boa e simpática e bastante moderna. Eu diría que é unha boa amiga.
Catulo- o mellor amigo do noso protagonista e moi “guai “e simpático, ademais parece moi boa persoa.
Ofelia- é unha amiga do protagonista aínda que parece que están namorados. Este personaxe caeme moi ben porque é moi sociable.

PARTES INTERESANTES
Este libro ten moitos fragmentos que me gustan pero o meu favorito e cando Ofelia consegue que o noso protagonista entre en razón e que acabe co sufrimento que ten nese piso.
Un fragmento que me impactou foi ao final xa que é una escena un pouco grotesca e que se a imaxinas ben é moi crúa.

CONCLUSIÓN
En conclusión este libro ten unha historia interesante pero é un pouco lioso aínda que a historia é entretida. Ademais é un pouco curto para o meu gusto e recomendo o libro se queres un libro de misterio.A nota que lle dou a este libro é un 8/10.

Yago Pérez  2º ESO A [21/11/2023]

Palabras de caramelo

FICHA BIBLIOGRÁFICA
1. Autor: Gonzalo Moure
2. Ilustrador: Fernando Martín Godoy
3. editorial: Anaya
4. Colección: Sopa de libros
5. Año de edición: 2002
6. Lugar de edición: Vigo

Resumo:
A historia comeza con Kori, un neno xordo e mudo que vivía nun campo de refuxiados en África. Un día unha camela tivo un camelo pequeno, a Kori fascinoulle por iso todos os días ía velo. Como o neno era xordomudo lía os beizos e así entendíao. Kori sempre escribía todo o que dicía o camelo, que sempre falaba con poesía. Pero un día o campo de refuxiados pasou por unha crise de fame e desgraciadamente decidiron que era hora de sacrificar o animal. O neno ao ver que ían sacrificar ao seu amigo decidiu fuxir con el. Estiveron dous días buscando un oasis e o tio de Kori encontrounos.
Finalmente o camelo foi sacrificado xa que Kori non conseguiu salvalo pero el seguiu escribindo e aprendendo cada vez mais.

Opinión
Na miña opinión é un libro dos máis tristes que lin, gustoume moito a madurez de Kori e as súas gañas de aprender e superarse, tamén penso que é unha moi boa persoa ao querer axudar ao seu amigo Caramelo, un precioso camelo que fala poesía. É un bo libro aínda que é bastante cortiño, o que si é moi triste a historia que conta.
Recomendo moito este libro xa que a min encantoume, unha parte que eu destacaría é este breve poema que di caramelo:

“Non chores porque a vida rematou,
Pensa que vivimos…
acéptao,
Vou co teu recordo
Aos pastos do ceo…
E mentres vivas,
Sempre estarei contigo.
Aínda non o entendes,
Pero cando a noite te alcance,
Ti tamén o entenderás,
O pequeno Kori, o meu único amigo…”

Malena Granero 2º ESO A  [21/11/2023]

O que sei do silencio

FICHA BIBLIOGRÁFICA
Autora:Andrea Maceiras
Ilustradores: Miguel A. Vigo e Antonio Seijas
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Número de edición: 1º edición
Ano de edición: 2018
Lugar de edición: Vigo

Resumo:
Comeza cunha presentación dun blog feito por Delia, que conta a historia real de acoso a Silke, unha rapaza que estivo no seu instituto. Delia era unha rapaza solitaria con poucos  amigos, ata que o grupo de rapazas populares do instituto decidiu integrala. Unha delas, Xulia, úsaa para achegarse e saír co seu irmán Iago.
Delia vaise integrando cada vez mais co grupo e, aínda que sabe que só son amigas súas polo seu irmán gústalle ter amigos e non ser a nena solitaria que era antes. Iago, pasados uns días fártase de Xulia e quere deixar de vela pero Delia convénceo de que lle dea outra oportunidade.
A finais de outubro chega unha nova unha rapaza estranxeira, Silke. As rapazas deciden integrala no grupo. A Silke gústalle moito o fútbol e un día no recreo xoga cos  rapaces. Unha tarde van todas ao centro comercial e discuten porque queren xuntar a Silke cun rapaz, Marcos, pero ela insiste en que non lle gusta. Ese mesmo día as rapazas sácanlle unha foto espida a Silke mentres ela se cambia nun probador.
Uns días despois Victor lesiona a Iago nun torneo de fútbol que organizou o instituto (no que non deixan participar a Silke). Máis tarde Silke aparece chorando porque bicou a Iago e Victor os viu. Ao decatarse Xulia, Daniela e Lara bótanlle un refresco pola cabeza e chámanlle noxenta, as xornadas seguintes chámanlle zorra, puta, quenta braguetas … 
As cousas póñense tan serias que lle estropean os cadernos e escriben pintadas ameazadoras na súa casa. Tamén amezan con publicar a foto. Chegan as festas de entroido. Silke discutira con Iago así que se presenta con Marcos disfrazada de bruxa, a Iago séntalle mal e el mais Marcos pelean así que Silke marcha enfadada. Victor séguea e intenta violala. Elisa (unha amiga de Delia e defensora de Silke) ve todo desde a ventá da súa casa e chama á policía. Mentres chegan, intenta axudar a Silke distraendo a Victor. Silke sae correndo e ameaza con tirarse dunha ponte e ao final faino. A policía a topa a Silke con síntomas de hipotermia e deten a Víctor. 

Silke, Elisa e Delia cóntanlle á directora o que pasou nos últimos mese. Victor remata expulsado e denunciado. Daniela e Xulia vanse do instituto, Silke volve a Estocolmo co seu pai. E Lara quedou no instituto e os pais danlle a razón.

Comentario sobre os personaxes principais, comentando como son:
Silke: Ten 16 anos, é intelixente e pensativa e moi forte emocionalmente. É de Estocolmo aínda que sabe perfectamente o galego, xa que ven de vacacións todos os veráns a Galicia e viviu este ano aquí. Gústalle moito o fútbol e en Estocolmo xogaba nun equipofemenino.
Delia: Ten 16 anos e intelixente, calada e moi covarde. Gústalle moito ler e encóntrase no club de lectura do instituto. Non me gustou que non axudara a Silke e que preferira non quedarse soa a ver sufrir a una persoa.

Comentario sobre aquela parte do libro que máis me gustou:
O que máis me gustou é que o libro está organizado como un blog e que Delia respondera aos comentarios da xente e de Marcos. 

Conclusión: Gustoume bastante aínda que se me fixo un pouco pesada a historia. Doulle un 8/10.
María Granero 2º ESO A [20/11/2023]

O corazón de Xúpiter

1. Ficha bibliográfica
1.1 Autora : Ledicia Costas
1.2 Ilustrador : Miguel A. Vigo
1.3 Editorial: Xerais
1.4 Colección : colección Fóra de Xogo
1.5 Número de edición : 17ª edición
1.6 Ano de edición : 2020
1.7 Lugar de edición : Vigo

2. Breve resumo do libro :
Unha rapaza chamada Isla múdase de cidade, debido a estes acontecementos fixo novas amigas como o é Mar e tamén algúns inimigos como Carballo pero coñece a Xúpiter, un amigo virtual que comparte a mesma aficción á astronomía ca ela. Isla namórase del e quere coñecelo, o que non sabe é que xúpiter non é o mozo que aparentou ser nas redes ao quedar con el meses despois.

3. Comentario sobre os personaxes :
Isla : é unha rapaza de 17 anos, apaixonada pola astronomía e de carácter tranquilo. Encántalle falar con Xúpiter. Gústame que ten as súas ideas moi claras e sabe o que quere facer.
Xúpiter : é un mozo misterioso das redes apaixonado pola astronomía igual ca Isla e que fala diariamente con ela a través do ordenador. Non me gusta este personaxe xa que ten comportamentos moi estraños e dubidosos, a parte da persoa que é na realidade.
Mar : é a mellor amiga de Isla, tamén de 17 anos. É directa e decidida e aconsella a Isla. Gústame que non se deixa incomodar e defende aos seus amigos.
Carballo : É un rapaz de 17 anos, ten moito carácter e é moi egocéntrico. É o acosador de Isla. Non me gusta este personaxe xa que non é unha boa persoa e toma moi malas decisións.

4. Parte do libro que máis me gustou
A miña parte favorita do libro foi o día no que Isla queda por primeira vez con Mar contan historias e falan mentres observan o mar xa que me pareceu un espazo moi bonito e simbólico e ademais esa quedada marca unha especie de inicio na súa amizade.
Fragmento do texto que destaco :
“-Semellan seres do espazo (referíndose as medusas) -apuntou Isla, sentando
no chan para velas máis de cerca.
-Non teñen corazón -afirmou Mar.
-Como?
-As medusas non teñen corazón; é raro, verdade?”

5. Conclusión
É un bo libro que ted eixa coa intriga de saber quen é o misterioso Xúpiter ata o final da historia, recomendo lelo por esta trama primeira e por toda a interesante evolución na vida de Isla dende o comezo ata o final da historia.

Moraima Bagaría 2º ESO A [ 21/11/2023 ]

Scroll ao inicio