a biblioteca do muralla

recomendacións

Marjane SATRAPI

Persépolis

O Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades 2024 foi para a historietista e directora de cine franco-iraní Marjane Satrapi.

Marjane Satrapi naceu en Rasht, Irán, en 1969. A revolución de 1979, ca caída do Sha e a subida ao poder dun réxime teocrático, provocou un cambio radical na maneira de vivir e de entender o  mundo. Os seus pais, ante os perigosos acontecementos que atravesaba o país, decidiron enviala a Viena para continuar cos seus estudos no Liceo Francés.

Volveu a Irán para ingresar na escola de Belas Artes, pero, antes de graduarse, marchou a Francia, onde continuou a súa formación artística.

Está considerada como unha das melloras autoras de cómic e acadou proxección internacional dende a publicación da aclamada novela gráfica Persépolis, (2000). Nesta obra narra, nun expresivo branco e negro, a súa infancia e adolescencia en Irán co tras fondo da revolución dos aiatolás e dos cambios transcendentais que se deron neses anos na sociedade.

outras portadas deste título...

na prensa... Marjane SATRAPI

A xustificación do seu premio por parte da Fundación Princesa de Asturias e algunha das reseñas aparecidas na prensa sobre a Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades…

 https://www.eldiario.es/cultura/ilustradora-cineasta-marjane-satrapi-premio-princesa-asturias-comunicacion-humanidades-2024_1_11330543.html

https://elpais.com/cultura/2024-04-30/marjane-satrapi-premio-princesa-de-asturias-de-comunicacion-y-humanidades-2024.html#

e no cine...

Persépolis é unha pelicula francesa de animación basada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi…

https://es.wikipedia.org/wiki/Pers%C3%A9polis_(pel%C3%ADcula)

Scroll ao inicio